Que é o Software Libre

Os principios do Software Libre son simples, mais é importante non confundirse coa complexidade causada pola súa longa historia. Aprende sobre as catro liberdades e o seu significado, os fundamentos das Licenzas de código libre, as extensas vantaxes que o software libre outorga e, os sinónimos máis comúns. Se botamos unha ollada mais aló da esfera do código, podes ler sobre a interrelación do Software Libre con Outros ámbitos Coma a educación, licitación e democracia.

As catro liberdades

A liberdade do Software Libre garante ós usuarios os catro dereitos esenciais. A ausencia de tan só un destes dereitos converte a aplicación en propietaria, en código non libre.

Usar

Estudar

Compartir

Mellorar

  • Un cuarto do gráfico circular

    Usar

    O Software Libre pode ser usado para calquera fin e está libre de calquera restrición coma a caducidade da licenza ou restricións de ámbito xeográfico.

  • Un cuarto do gráfico circular

    Estudar

    Tanto o Software Libre coma o seu código poden ser estudados e analizados por calquera, sen acordos de confidencialidade ou restricións similares.

  • Un cuarto do gráfico circular

    Compartir

    O Software Libre pode ser compartido e copiado de balde.

  • Un cuarto do gráfico circular

    Mellorar

    O Software Libre pode ser modificado por calquera e, esas melloras poden ser compartidas publicamente.

Licenzas

As catro liberdades son outorgadas por unha licenza de software. As licenzas establecen as condicións baixo as que un programa pode ser usado e reusado. Para que sexa software, o texto da licenza debe conter polo menos as catro liberdades. A Free Software Foundation e a Open Source Initiative manteñen listas de licenzas revisadas e aprobadas. Un programa xeralmente non pode ser considerado Software Libre se a súa licenza non aparece nunha desas listas.

Hai un gran número de licenzas con diferentes enfoques, e un produto dixital enteiro ou partes del poden estar baixo diferentes enfoques, e un produto dixital ou seccións del poden estar licenciados baixo diferentes licenzas. A escolla de licenzas é unha cuestión estratéxica, mais animámoste a escoller algunha das máis usadas. Para máis información sobre información legal e sobre licenzas, podes Ler máis...

Vantaxes

O Software libre é liberdade. Na práctica, isto outorga numerosas vantaxes ós usuarios, organizacións, empresas e gobernos.

  • Unha cadea rota

    Autonomía

    O Software libre axúdate a desenvolver e manter software deseñado para cumprir as túas necesidades, non só o modelo de negocio do fabricante.

  • Tres persoas

    Colaboración

    O Software libre pode ser compartido e usado de forma non exclusiva por todo o mundo -- facendo un servizo público.

  • Unha árbore de ficheiros

    Compartir E Copiar

    Unha licenza libre permite instalacións infinitas, sen pagar un só céntimo adicional.

  • Un candado aberto

    Sen bloqueos

    O Software Libre reforza a independenza dos fabricantes e outorga máis capacidade de decisión sobre os provedores de servizo.

  • Un círculo

    Reutilizar código

    O Software libre permite a liberdade de reutilizar o código para outros proxectos.

  • Unha bombilla prendida

    Innovación

    As licenzas libres che animan a innovar co teu software.

  • Tres frechas apuntando cara arriiba á dereita

    Competencia

    O software libre resiste os monopolios e promove a competitividade.

  • Unha lupa

    Seguridade

    O software libre permite auditorias independentes que permiten cerrar buratos de seguridade máis rápido.

Sinónimos

Durante o transcurso do tempo, a xente foi creando diferentes etiquetas para o código libre. A miúdo, a motivación para eses termos é destacar diferentes aspectos para evitar confusións.

O Software Libre era definido primeiro coas catro liberdades mencionadas enriba polo proxecto de GNU en 1986. En 1998, "Código aberto" foi montado como campaña de mercadotecnia para Software Libre mais coas mesmas liberdades en mente. Outras etiquetas amplamente coñecidas para Software Libre (Free Software) son "Libre Software", iniciado para evitar a ambigüidade da palabra inglesa "libre", e "FOSS" ou "FLOSS" como abbreviations para "Libre(Free) (Libre) Software de Código Aberto(Open Source)".

O nivel de liberdade que ofrece un programa sempre é determinado pola licenza, non a súa etiqueta. Dito doutra forma, que non che confundan diferentes termos para as mesmas funcionalidades. Se estás interesado no contexto histórico de porque preferimos o termo orixinal, podes ler Máis información...

Hai tamén termos que son xeralmente mal usados como sinónimos para describir o Software Libre. “O dominio público” é un de tales termos, e é importante manter unha distinción entre Software Libre e dominio público. Dito de forma sinxela, o dominio público consiste de todo traballo creativo (incluíndo software) ao cal non se aplica ningún copyright. Os dereitos a estes traballos poden caducar, ter sido desistidos expresamente, ou poden ser inaplicábeis. Aínda que estes son os principios moi xerais do dominio público, o factor decisivo para determinar que constitúe o dominio público sempre estará determinado polos principios legais no país no cal un traballo vai ser utilizado.

Mentres que o software en dominio público pode solaparse cos obxectivos do Software libre, como norma xeral, o Software libre non é sinónimo de dominio público. De feito, gran parte do Software libre está suxeito ás regras do copyright. Especialmente na Unión Europea, os sistemas de copyright e patentes fan dificil identificar unha obra no dominio público con certeza. É por iso que se queres compartir algun traballo teu, é preferíbel facelo baixo unha licenza libre en lugar de declaralo dominio público, posto que a licenza libre permite proveer información legal clara e comprensíbel sobre os dereitos e obrigas implicados no uso de ese software.

Que é o Software Libre (Open Source)? Liberdade do software explicada en menos de tres minutos(en inglés)! All subtitles and more videos...

Mais información

As numerosas vantaxes do Software Libre son un beneficio en sí mesmas, mais tamén contribuen positivamente a outros ámbitos técnicos e non técnicos. Dende a fundación da FSFE en 2001, estivemos explorando diferentes áreas e como o Software Libre pode marcar a diferenza.